EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Catas comentadas cos colleteiros do Ribeiro, cada xoves en Ribadavia

Serán na praza Maior desta vila e a primeira delas está prevista para o 7 de xullo ás 21h.

A praza Maior de Ribadavia converterase nas tardiñas dos xoves deste verán en escenario dunha serie de catas. As persoas que se acheguen por alí, ademais de probar os viños dos colleiteiros do Ribeiro, tamén poderán coñecer de preto as súas características e singularidades a través das explicacións dos seus elaboradores.

Estas catas comentadas na praza Maior son unha das últimas actividades promovidas pola Asociación de Colleiteiros/as do Ribeiro. A primeira delas está prevista para o xoves 7 de xullo a partires das 21h. Nela poderán degutarse os viños dos colleiteiros Mauro Estévez, Pousadoiro e Son de Arrieiro.

Cartaz desta actividade promovida pola Asociación de Colleteiros/as do Ribeiro.
Cartaz desta actividade promovida pola Asociación de Colleteiros/as do Ribeiro.

O prezo para participar nesta actividade será de 7 euros por persoa e as inscricións poden realizarse nos enderezos electrónicos estudiobretemas@gmail.com e entretempos@entretempos.es.

Na organización destas catas a Asociación de Colleiteiros/as do Ribeiro contará coa colaboración das tendas Brétemas e Entretempos.

Artigos relacionados

Back to top button