Desenvolveranse no marco da campaña “Sabores de Galicia”, que está a percorrer a xeografía española
As singularidades dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dacabalo entre as provincias de Ourense e Lugo, daranse a coñecer na capital española nunha cata comentada que se enmarca na campaña itinerante “Sabores de Galicia”, que está a percorrer dende hai unhas semanas a xeografía española co fin de promocionar os produtos galegos de calidade.
A unidade móbil desta campaña estará instalada en Madrid os días 25 e 26 de maio na explanada do Bernabeu e as catas comentadas dos viños da D.O. Ribeira Sacra celebraranse a partires das cinco da tarde.
Esta campaña seguirá a desenvolverse por outros puntos do país ata o vindeiro 18 de xuño.