EconomíaEconomíaÚltima hora

Catas, obradoiro e concurso da man da Ruta do Viño de Valdeorras

A primeira cita programada para os vindeiros meses é a cata no Bravo Lux (A Rúa) o 23 de agosto

Co obxectivo de promocionar a comarca de Valdeorras xunto cos seus caldos e gastronomía, a Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras esta preparando diferentes actividades para realizar nos vindeiros meses.

As primeiras son sendas catas de viños maridados con produtos da gastronomía local que, baixo o título de Pincha e cata “intercambio de cordialidade”, se levarán a cabo no Bravo Lux da Rúa (23 de agosto) e na Maltería do Barco (5 de setembro) a partir das 20:30h.

Outra das actividades prevista leva por título Aroma de Valdeorras, espíritos con vida propia e celebrarase o 24 de agosto no Paseo do Malecón, no Barco “aproveitando o espazo que utiliza o Centro Comercial Aberto O Barco para celebrar a súa feira de oportunidades”, explican dende a Ruta do Viño de Valdeorras. Pola mañá, ás once e media, haberá un obradoiro infantil de sabores e pola tarde, ás sete e media, unha cata a cegas.

Tantos as catas como o obradoiro estarán dirixidos pola sumiller Mercedes González e tamén haberá un concurso de fotografía en torno á vendima.

 

Artigos relacionados

Back to top button