DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cativos valdeorreses danse cita na 4ª Xuntanza de Judo do Sil celebrada en Monforte

A cita reuniu no pavillón municipal A Pinguela, a 165 judokas de cinco colexios

Despois de tres edicións no Barco de Valdeorras, a Xuntanza de Judo do Sil cambiaba de ubicación, celebrando a 4º en Monforte de Lemos.

O pavillón municipal A Pinguela, acollía na mañá do sabado 24 de novembro a máis de 160 cativos dos colexios de PP Escolapios de Monforte, Divina Pastora do Barco, Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo e Virxe do Camiño de Rubiá, onde imparte clases o Club Edukajudo, na figura do profesor Alberto Vázquez Corzo.

A xuntanza serve para que os cativos poñan en práctica as súas habilidades técnicas, así como para que compartan experiencias con nenos de entre 3 e 16 anos, doutros centros educativos. Trátase dun evento non competitivo, adaptado a cada idade e nivel, centrado no aspecto máis educativo do deporte. En definitiva, é a festa do judo onde todos son campións e como tal reciben medalla.

O evento estivo organizado polo Concello de Monforte de Lemos e o Club Edukajudo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button