SanidadeÚltima hora

Catorce comercios do Barco CCA súmanse a unha campaña contra o cancro infantil

O libro no escaparate dun dos comercios barquenses que colaboran na campaña.

 

O Concello do Barco, a Asociación Española contra o Cancro de Valdeorras (AECC) e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) veñen de unirse nunha orixinal campaña contra o cancro infantil. Trátase de recaudar fondos para as familias con nenos que padecen esta enfermidade.

Pódese colaborar nela dunha forma moi sinxela: mercando o libro de historia “Valdeorras, o noso tesouro” (editado polo Concello do Barco e pola Deputación de Ourense), cun prezo de 15 euros, en ata 14 establecementos asociados ao CCA e que colaboran coa iniciativa:

BAR VINUM
CHUCHES ALE
APP INFORMÁTICA
TON Y SON
MERCERÍA KATY
JOYERÍA VÍCTOR
ANA ÓPTICA
CAN-CAN
A MANDUCA
PERFUMERÍA DAMAS-ESCUREDO
Nº 37
MERCERÍA CARMIÑA
MUEBLES VICTORIA
SEGUROS GENERALES VALDEORRAS

Cada un dos establecementos da campaña está identificado. Ademais pode mercarse en catro librerías da vila.

Artigos relacionados

Back to top button