EconomíaEconomíaÚltima hora

Catorce comercios valdeorreses, na sexta edición dos “Días Azuis”

Os clientes que merquen nos establecementos minoristas da campaña en novembro poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros

 

Impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto. Con este obxectivo arranca neste 9 de novembro a nova edición dos “Días Azuis do Comercio Galego”, campaña que se prolongará ata o 30 deste mesmo mes.

Esta é xa a sexta edición dos Días Azuis do Comercio Galego e conta coa colaboración das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia, entre eles O Barco CCA e AEVA.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

Os establecementos valdeorreses participantes nos “Días Azuis” son:

1. Ana de la Puente
2. Baamonde
3. Can-Can
4. Estética Pamen
5. Ferretería Pereira
6. Fíos Moda
7. Garoba
8. Hache
9. Joyería Víctor
10. Librería Murciego
11. Mercería Katy
12. Nº 37
13. Tintorería Servimat
14. Ton y Son

 

Artigos relacionados

Back to top button