ConcellosÚltima hora

Catorce comparsas e charangas desfilarán este sábado no Entroido de Verán do Carballiño

O desfile comezará ás 20:30h. do 14 de xullo dende a praza da Veracruz
Comparsa no desfile do Entroido no Carballiño.

Máis de cincocentas persoas, integradas en catorce comparsas e charangas (que foron premiadas no Entroido de inverno do Carballiño e doutros lugares da provincia e de Galicia), desfilarán este sábado, 14 de xullo, polas rúas máis céntricas da vila do Arenteiro durante o Entroido de Verán do Carballiño.

O desfile comezará ás 20:30 h. con saída dende a praza da Veracruz e tomarán parte as comparsas Ciklón, Os Solfamidas, Os Festicultores, Os 100TOLOS, así como Os Silleiros Hippies de Maside, O Gran Musical do Castro de San Amaro, Os Azucarados de Maside, Os Mexicanos, Os Arrieiros de Dacón, Tribu Samburu de Partovia e Os Picapedra de Aspadisi, ademáis das charangas Castro Bello e Doctor Anchoa. Tampouco faltarán a esta cita Os Liborianos.

E xa a partires da medianoite, haberá verbena na praza Maior amenizada pola orquestra Marbella.

O Entroido de Verán tamén terá a súa vertente infantil, que se celebrará o día antes, venres 13 de xullo, a partires das 10h. na praza Maior cun obradoiro de máscaras, e desde as 11:30 h. animación a cargo do DJ Tibu.

Artigos relacionados

Back to top button