CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Catro corais no Concerto de Nadal do Orfeón Trivés

No festival participaban a Coraliña Cantora de Trives, o Orfeón Caldelas, a Coral Polifónica Candea de Viana e o anfitrión

 

Coa entrega de agasallos aos presidentes das diferentes agrupacións remataba o tradicional Concerto de Nadal do Orfeón Trivés celebrado na tarde do 22 de decembro no Auditorio Julio Vázquez, da Pobra de Trives.

Un concerto no que colaborou o Concello da Pobra de Trives e que contou coa actuación de catro coros. O primeiro en subirse ao escenario foi o de voces brancas Coraliña Cantora, dirixido por Sandra González que interpretaron tres temas acompañados musicalmente por Manuel Simón Vila: Gaudeamus, Simamak e Maquerule.

 

O Orfeón Trives.

 

Tralos sonoros aplausos que seguiron á actuación, tocoulle o turno ao Orfeón Caldelas, agrupación dirixids por Manuel Vila que debutaba hai un ano nun pequeno certame de Nadal en Castro Caldelas. Hoxe, en Trives, interpretaron cinco cancións: La baila, vilancico leonés harmonizado por J. Mª Álvarez; Boiadeiro, tonada brasileira harmonizada por Armando Cavaicanti; Ala nanita nana, vilancico popular andaluz; Unha noite no muíño, de Ángel Viro; e Festejos de Navidad (nadala peruana, Herbert Bittrich).

A Coral Polifónica Candea de Viana non quixo faltar á cita, interpretando para a ocasión outros cinco temas: Todos contentiños, panxoliña popular galega; Deseanolo señora, de A. Celada Alonso; Catro vellos mariñeiros, tradicional galega con arranxos de Fdo. Estévez; La reina del placer, de X. Montssalvatge; e Ven, ven, ven, tradicional galega con arranxos de Fdo. Estévez.

 

Actuación conxunta das catro corais coa Coraliña Cantora de Trives en primeiro termo.

 

Os últimos en subir ao escenario do auditorio foron os anfitrións, os membros do Orfeón Trivés, coa súa directora Sandra González á cabeza que interpretaban cinco temas, entre os que estaba unha estrea, Viento del norte, de Nando Agueros. Tamén cantaron Benedicat Vobis de G.F. Haendel; 3 Motetes; Dadme albricias, anónimo do século VII; e Boliños do pote, vilancico popular galego.

O broche ao concerto poñíano os catro coros, cantando ao unísono sobre o escenario.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button