SanidadeÚltima hora

Catro falecidos por coronavirus en Galicia nas últimas horas, un deles en Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segundo informa a Consellería de Sanidade, nas últimas horas veñen de producirse catro novos falecementos de pacientes con coronavirus en Galicia. Dous deles son un home de 84 anos e unha muller de 72 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Tamén falecía un home de 63 que estaba ingresado no CHUO e outro paciente de 81 que estaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra. “Os catro casos foran diagnosticados de coronavirus e tiñan patoloxías previas”, tal e como confirma Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button