ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Catro folións na segunda xuntanza de verán de Vilamartín

O desfile partía ao redor das oito da tarde dende a zona do Bañadoiro

Retando ao intenso calor, os bombos saían na tarde do 17 de xuño polas rúas de Vilamartín. Catro folións participaban na II Xuntanza de Verán que promovía o folión local dos Viticultores e que comezaba ao redor das oito da tarde na zona do Bañadoiro.

Abría o desfile o folión anfitrión, seguido de Os Labregos (Trives) e das Maceiras (Trives). A comitiva pechábaa o Folión Terras do Bolo. O percorrido concluía na praza José Luis Núñez, onde se procedía ao sorteo de lotes de produtos e ferramentas típicas do viñedo. Despois tiña lugar unha pinchada popular no pavillón polideportivo.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button