DeportesÚltima hora

Catro futbolistas de clubs ourensáns, convocados pola Selección Galega de Afeccionados

Cassio e Ismael do C.D. Barco, Eduardo do Ourense C.F. e Daniel do C.D. Arenteiro asistirán ao primeiro adestramento o 24 de outubro
Xogada do derbi C.D. Arenteiro-C.D. Barco, no campo de Espiñedo. /Foto: Carlos G. Hervella.

A selección galega amateur que disputará a Copa das Rexións UEFA ponse en marcha baixo a dirección de Argimiro Pérez García, “Pichi Lucas” quen , despois do seu paso polo Jumilla arrancaba o pasado 17 de outubro a súa etapa como seleccionador de cara a unha sesión inicial que se celabrará o vindeiro martes, 24 de outubro.

Para ese primeiro adestramento que comezará ás 19:30h. no campo municipal A Cañoteira (Cacheiro-Teo), hai convocados 29 xogadores de toda Galicia, catro deles de clubs da provincia de Ourense: Cassio e Ismael do C.D. Barco, Eduardo do Ourense C.F. e Daniel do C.D. Arenteiro.

Comeza así a preparación da primeira fase da competición, que se disputará na fin de semana do 8 ao 10 de decembro. Galicia viaxará entón ata Asturias, onde se medirá á selección anfitriona e a Cantabria. En caso de quedar campiona do seu grupo, a selección galega, para chegar á fase final española, deberá superar á vencedora do grupo D (Rexión de Murcia, Comunidade Valenciana ou Andalucía) nunha fase intermedia que se vai disputar antes do 28 de febreiro de 2018.

 

Artigos relacionados

Back to top button