SanidadeÚltima hora

Catro ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras, 1 menos que onte

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na xornada deste xoves 26 de agosto tamén baixa o número de ingresos por Covid-19 na provincia de Ourense cun total de 35, 2 menos que onte segundo a Consellería de Sanidade (datos ás 18h. de onte). Así no Hospital Público de Valdeorras hai 4 persoas hospitalizadas en planta por coronavirus, 1 menos que onte.

No Hospital Universitario de Ourense hai 24 en planta, 1 máis que onte e 7 na UCI, igual que onte; mentres que o Hospital de Verín non ten ningún ingreso.

 

Artigos relacionados

Back to top button