Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Catro metais para o Ourense Atletismo no galego de cross Sub16 e Sub18, celebrado na Rúa

Este club vencía por equipos en Sub16 feminino e quedaba terceiro en Sub16 e en Sub18 masculino. Ademais Blanca Fernández era subcampiona en Sub18 feminino

Entre as numerosas probas de campo a través que se celebraban ao longo da mañá do 27 de xaneiro na Rúa estaban os campioantos galegos Sub16 e Sub18 individuais e por clubs. O mellor resultado provincial nestas citas viña da man do Ourense Atletismo, que ganaba no galego Sub16 feminino cun equipo formado por Mar Díaz, Ánxela Seoane, Cristina Fernández, Clara Mijangos, Mencía Luis e Iriz García Gil. Nesta mesma categoría masculina, o Ourense Atletismo era terceiro cun equipo integrado por José Benito Rodríguez, Álvaro Díaz, Roi Naranjo, Brais Manso e Iván Dopazo.

Este club ourensán facíase con outra terceira posición no galego Sub18 masculino (co equipo de Said Abodoun, Martín Rivera, Martín Míguez, David Gómez, Fabio Justo e Alexandre Álvarez). Ademais, en Sub18 feminino a atleta do Ourense Atletismo Blanca Fernández, quedaba segunda. Nesta mesma carreira o mellor resultado valdeorrés conseguíao Inés Docampo (Adas Proinor), que quedaba no posto 14.

A competición da xornada completábase co galego de cross mixto por relevos e co acto da entrega de premios, nos que se contaba coa asistencia do alcalde da Rúa, Luis Fernández, do concelleiro de Deportes Avelino Fernández, así como do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e do deputado provincial de Deportes, Juan Anta. Ao remate da entrega de trofeos, o Concello da Rúa entregáballe a Isidoro Hornillos un agasallo.

De seguido, algúns dos atletas e dos organizadores compartían un xantar, servido por Mantesil, no mesmo pavillón polideportivo rues.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos sobre os campionatos galegos de cross na Rúa:
https://osil.info/o-adas-imponse-no-i-campionato-galego-de-campo-a-traves-mixto-por-relevos-na-rua/
https://osil.info/catro-podios-para-o-adas-no-23o-memorial-alejandro-lorenzo-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button