EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Catro novos confrades da D.O. Monterrei

A cerimonia de imposición de medallas tiña lugar na tarde do 7 de agosto na igrexa da Mercé en Verín

Coa voz do cantautor Emilio Rúa cantando “Negra Sombra” daba comezo na igrexa da Mercé de Verín o acto de imposición de medallas aos novos confrades da Denominación de Orixe Monterrei. Esta cerimonia tiña lugar no arranque da décima Feira do Viño desta zona produtiva ourensá, na tarde do 7 de agosto e estaba presidida polo presidente da Xunta de Galicia.

O primeiro en recoller esta distinción era Fernando Castro, un dos membros máis veteranos do panel de cata da D.O Monterrei do que forma parte dende 1995. Convertíndoo en confrade a D.O “quere ensalzar o papel de todos aqueles técnicos que, restando moitas veces horas ao seu tempo de ocio, contribúen a por en valor e a divulgar a potencialidade dos nosos viños”, segundo se indica dende o Consello Regulador de Monterrei.

O seguinte galardoa coa medalla da Confraría dos Viños de Monterrei era a Asociación de Sumilleres Gallaecia, fundada en novembro de 1997. Recollíaa o seu presidente, Luis Paadín. Trátase dunha das agrupacións vinícolas máis representativas de Galicia, xa que integra un cento de socios repartidos polas catro provincias galegas. Gallaecia é unha asociación profesional sen ánimo de lucro que persegue, como principais obxectivos, fomentar actividades de información, formación e defensa do sector vinícola galego. Proba da súa dilatada traxectoria son as distincións Gallaecia, concurso promovido pola asociación e recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente na que participan máis de 500 viños galegos.

Especialmente emotivo resultaba o momento no que a viticultora de 83 anos Isabel Alonso recibía outra das medallas desta confraría. Natural de Oímbra, Alonso foi a primeira viticultora muller que formou parte da D.O Monterrei, ao integrar a súa produción nesta denominación no ano 1994. Ademais, coa imposición desta medalla, o Consello Regulador “quere realizar unha homenaxe ao labor de todas e cada unha das mulleres da zona que historicamente se implicaron na produción do viño e que co su esfuerzo e traballo contribuiron a situar os viños de Monterrei no lugar que ocupan hoxe en día”, tal e como sinalaba a presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez.

O acto de entrega de medallas completábase coa outorgada ao pregoeiro desta edición da feira, Manuel Villanueva. Natural de Marín, conta cunha amplia experiencia no ámbito da comunicación xa que desenvolveu o seu labor profesional para diferentes medios galegos e nacionais. Na actualidade, é embaixador do viño de FENAVIN, a feira vinícola máis relevante de España, e un dos exectutivos máis importantes da televisión no noso país. Coa imposición desta medalla, o Consello Regulador quere “poñer en valor a todo un colectivo: o dos medios de comunicación, polo importante labor que realizan ao longo do ano contribuindo, coas súas informacións, a divulgar a potencialidade dos viños de Monterrei”, segundo o órgano réctor. Pechábase a cerimonia coa intervención do presidente da Xunta e cunha nova peza de Emilio Rúa, “Querida alegría”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close