En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Catro persoas feridas ao ser atacadas por un can en Valdanta (O Bolo)

A primeira hora desta tarde de domingo 11 de agosto catro persoas resultaban feridas ao sufrir o ataque dun can en Valdante (O Bolo), segundo informa o 112 Galicia. “Ás 14:00 horas, os xestores do 112 Galicia recibiron unha chamada na que se solicitaba axuda para un grupo de persoas que sufriron diversas mordeduras dun can na parroquia de Santa María de Valdanta. Segundo a información recibida no 112, o alertante tivo que esconderse do animal para poder realizar a chamada de alerta”, segundo o 112 Galicia.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar a un dos feridos. En total, foron catro as persoas evacuadas, tres en ambulancia ao Hospital Comarcal Valdeorras e unha en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, segundo o 112 Galicia.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, alertouse ao 061, á Garda Civil, ao GES de Valdeorras e aos voluntarios de Protección Civil do Bolo, que se trasladaban de inmediato ata o lugar do suceso.

O can foi localizado e controlado cun dardo anestesiante e está a disposición xudicial.

 

O can durmido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button