OurenseÚltima hora

Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, en Trasmiras

 

En torno ás cinco da tarde deste domingo producíase un accidente de tráfico na A-52, á altura do punto quilométrico 182 (sentido Benavente) no municipio ourensán de Trasmiras. Nel resultaban feridas catro persoas, dúas das cales foron evacuadas en ambulancia polos profesionais do servizo de urxencias sanitarias, tal e como informa o 112 Galicia.

“Poucos minutos antes das cinco da tarde, o 112 Galicia comezou a recibir diversas chamadas de particulares para informar dun sinistro no concello ourensán de Trasmiras. De acordo co seu relato, había unha furgoneta envorcada e os seus ocupantes parecían necesitar axuda para abandonar o vehículo. De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, indica o 112 Galicia.

Ante a posibilidade de que o houbese persoas atrapadas, ata o lugar tamén se desprazaba unha dotación do Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, “pero unha vez no punto, confirmaron que todos os feridos estaban liberados e accesibles”, matiza o 112 Galicia.

Ademais, os equipos de intervención contaron co respaldo e apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.

Artigos relacionados

Back to top button