DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Catro podios para o Adas no 23º Memorial Alejandro Lorenzo, na Rúa

Ademais dun ouro e dunha prata por equipos en Sub10, José Hervella vencía nesta mesma categoría masculina e Mateo Valcarce era segundo

Na xornada do 27 de xaneiro A Rúa convertíase na capital galega do campo a través. No circuíto do Aguillón desenvolvíase unha completa xornada de atletismo que se encetaba ás 10:30h. dunha fría e húmida mañá co 23º Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato de Galicia de menores, cunha notable participación. Entre os corredores, chegados de diferentes puntos da comunidade, non faltaba unha ampla representación valdeorresa da man do Atletismo Rúa e do Adas Proinor do Barco.

Os atletas deste último club colleitaban un total de catro podios. Dous deles eran individuais e viñan da man de José Hervella Álvarez, de Manzaneda, que vencía na categoría Sub10 masculino; mentres que o seu compañeiro no Adas, o barquense Mateo Valcarce Fernández quedaba en segunda posición nesta mesma proba. José Hervella pertence as Escolas Deportivas de Trives pero corría coa camiseta do Adas grazas a un acordo co Adas, o mesmo que os triveses Marcos Basalo en Sub10 e Nicolás Sierra en Sub14.

Xa por equipos o Adas sumaba un ouro e unha prata. Así o equipo Sub10 masculino vencía e sumaba 11 puntos, mentres que o equipo feminino Sub10 lograba a segunda a posición con 38 puntos, nunha clasificación liderada polo Ourense Atletismo con 36 puntos. Ademais dun ouro e dunha prata por equipos en Sub10, José Hervella vencía nesta mesma categoría masculina e Mateo Valcarce era segundo

Fotos: A.R.

Máis información e fotos sobre os campionatos galegos de cross na Rúa:
https://osil.info/catro-metais-para-o-ourense-atletismo-no-galego-de-cross-sub16-e-sub18-celebrado-na-rua/
https://osil.info/o-adas-imponse-no-i-campionato-galego-de-campo-a-traves-mixto-por-relevos-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button