ConcellosÚltima hora

Catro polígonos da provincia verán aumentada a súa banda de internet co Plan de Banda Larga da Xunta

Marisol Díaz, Mar Pereira e Alfredo Ramos. 

A Xunta de Galicia vén de anunciar que este ano o seu plan de Banda Larga facilitará este ano o acceso a internet de alta velocidade (350 Mega bytes por segundo) a catro polígonos da provincia. Así o anunciaron hoxe, 31 de marzo, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e a delegada da Xunta en Ourense, Mar Sol Díaz.

As actuacións deste Plan comezaron o pasado ano e xa hai tres polígonos ourensáns que dispoñen deste servizo, que se estenderá a outros catro en 2018, informan dende o executivo galego.

Asemade, como complemento a estas actuacións, a Amtega vén de convocar axudas para dotar de redes “ultrarrapidas” a empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural.

As empresas destes polígonos poden contratar os servizos de internet a través de fibra óptica a velocidades de até 350 Mbps de baixada e 35 de subida, cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. Ademais, R comprometeuse a pór a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a transformación dixital. Alén doutros servizos  do operador.

En 2016 completouse o despregamento en 17 polígonos en toda Galicia. En 2017 cubriranse outros 30 e en 2018 os 34 restantes, cifran fontes da Xunta. Deste xeito, no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

 Axudas para empresas das zonas máis illadas

Para aquelas empresas que están fóra dos recintos industrias e en zonas illadas, a Amtega vén de poñer en marcha unha nova medida do Plan de Banda Larga. Unha convocatoria cun orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda, aseguran dende a Xunta. Estas axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

 

Polígonos ourensáns que se xa se beneficiaron deste Plan e os que o farán neste ano. 

 

Artigos relacionados

Back to top button