PolíticaÚltima hora

Catro precandidatos nas primarias socialistas na provincia de Ourense

Ademais de Noela Blanco, tamén concurrirán ao proceso para elixir ao novo secretario xeral na provincia Rafael Rodríguez, Álvaro Vila e Pachi Vázquez

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE na provincia vén de facer público no mediodía do 16 de novembro os nomes dos candidatos que concurrirán ao proceso para a elección directa da persoa que ocupará a secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense a partir do terceiro congreso provincial ordinario do partido.

Así presentáronse as seguintes precandidaturas: as de Noela Blanco Rodríguez, Rafael Rodríguez Villarino, Álvaro Vila Araujo e Manuel “Pachi” Vázquez Fernández .

Artigos relacionados

Back to top button