Catro rutas temáticas do viño

“Trens Turísticos de Galicia” incorporará este verán percorridos polas denominacións de orixe ourensás
Presentación Trens Turísticos de Galicia. Foto: Carlos G. Hervella

Presentación Trens Turísticos de Galicia. Foto: Carlos G. Hervella

Ferrocarril e turismo. É un binomio perfecto para deixarse fascinar polo territorio galego e para desfrutar dos seus recursos naturais ou patrimoniais. Nel se basea “Trens Turísticos de Galicia”, unha iniciativa que se poñía en marcha, cunha moi boa acollida, no verán 2013 con dúas rutas na costa galega. Agora refórzase, pasando de dous a sete percorridos turísticos, e incorpora á Galicia interior e, máis en concreto, aos territorios das denominacións de orixe vitivinícolas.

“O habitual é poñer a mirada nos aeroportos e esquecerse do tren, pero nós centrámonos no tren e elaboramos o pasado verán dous produtos novos, aproveitando os trens turísticos: a Ruta dos Faros e a dos Xardíns e dos Pazos. Foron todo un éxito e con elas logramos atravesar o norte e o oeste de Galicia. Agora esperamos atravesar dunha maneira transversal o resto da comunidade co ferrocarril a través das rutas dos viños”, segundo declaraba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ao Periódico O Sil.

“Galicia a todo tren”, que é como se denomina este novo produto, de-senvolverase neste verán a través dun convenio marco asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e Renfe en colaboración co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Inclúe sete rutas de trens turísticos dun día, que se porán en marcha neste verán, pero tamén o Rail Pass, Peregrinación de Asís a Compostela, Train and Breakfast Camino de Santiago e Al-Ándalus.

Esta iniciativa presentábase o pasado 23 de xaneiro no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid e contando coa presenza, entre outras autoridades, da ministra de Fomento, Ana Pastor; quen visitaba o stand galego na mostra. Acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, achegábase ata o espazo desta provincia na feira. Alí comentaban a colaboración instituacional existente para impulsar estes percorridos turísticos en ferrocarril por terras ourensás, así como as estacións de trens, coa finalidade de ser un reclamo turístico e promover rutas e visitas de ámbito cultural, histórico e enolóxico nesta zona.

Texto: Ángeles Rodríguez/Madrid Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel de febreiro do Periódico O Sil).

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies