OurenseÚltima hora

Catro universitarias completan a súa formación con prácticas na Subdelegación do Goberno en Ourense

Eran recibidas na mañá do 4 de marzo polo subdelegado do Goberno e polo secretario xeral da Subdelegación
Recepción das alumnas na Subdelegación do Goberno en Ourense.
Recepción das alumnas na Subdelegación do Goberno en Ourense.

Catro alumnas universitarias completarán a súa formación con prácticas académicas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense. Eran recibidas na mañá do 4 de marzo polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e polo secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias. As catro están a piques de rematar os seus estudos do Grao de Dereito no Campus de Ourense da Universidade de Vigo e realizarán un período de 100 horas de prácticas neste organismo.

Isto é posible en virtude a un convenio asinado o pasado 5 de marzo de 2015 polo secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, e polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e que ten por obxecto a realización de prácticas académicas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense por parte de alumnos matriculados no Grao de Dereito e de Traballo social, que se imparten no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, de tal modo que permitan completar os seus estudos universitarios, para unha futura incorporación ao mundo laboral.

Para Roberto Castro este convenio “suporá unha experiencia enriquecedora para os estudantes no que se refire á súa preparación como futuros xuristas e traballadores sociais, e para os empregados públicos que poderán compartir experiencias laborais co mundo universitario. Enriquecemento mutuo que repercutirá nun mellor servizo á cidadanía, pois seremos máis áxiles e aínda máis transparentes”.

Artigos relacionados

Back to top button