Na mañá deste luns 15 de novembro, producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Conde Fenosa do Barco de Valdeorras. O suceso producíase en tonro ás 7:22 horas e víanse implicados catro vehículos.
Tal como explican dende a Policía Local do Barco, foi unha colisión por alcance. “Por motivos que aínda se descoñecen unha furgoneta alcalzaba por detrás ao coche que tiña diante del, dirección Sobradelo, e este á súa vez alcanzaba ao de adiante, foi en cadea”, asegura o xefe dos locais barquenses.
Ademais da Policía Local do Barco, ata o lugar do suceso desprazábanse os Bombeiros de Valdeorras, o GES Valdeorras e a Garda Civil. As oito persoas implicadas (o condutor e os sete ocupantes da furgoneta que trasladaba a traballadores da lousa) eran trasladadas en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.
Fotos cedidas.