DeportesÚltima hora

Catro xogadoras do Club Voleibol Ribeira Sacra, entre as mellores da canteira galega

Carolina Camino, Nerea González, Sofía Pérez e Lucía Rodríguez estarán na 2ª concentración de seleccións autonómicas, o 25 de febreiro en Pontevedra
Carolina Camino, Nerea González, Sofía Pérez e Lucía Rodríguez.

O vindeiro domingo 25 de febreiro, realizarase en Pontevedra a segunda concentración de seleccións autonómicas preparatorias para o CESA  que se realizará en Valladolid no mes de abril. E unha vez máis, catro xogadoras do Club Voleibol Ribeira Sacra (unha infantil e tres cadetes) están entre as mellores da canteira galega.

As quiroguesas Carolina Camino Fernández e Sofía Pérez Carballedo, xunto con Nerea González Fontal e Lucía Rodríguez González, foron convocadas pola Federación Galega de Voleibol.

Tal como avanzan dende a entidade deportiva, as concentracións infantil e cadete nas que estarán as xogadoras lucenses, terán lugar no Multiusos a Xunqueira de Pontevedra, mentres que as masculinas serán no Pabellón Sagrada Familia da Coruña.

O horario das concentracións será de 16 a 20 horas, sendo a partires das 18 horas cando as seleccións xoguen unha serie de partidos amigables contra equipos locais “para poder seguir aumentando o nivel competitivo ca cara á cita nacional”, conclúen dende a Federación.

Artigos relacionados

Back to top button