OurenseSen categorizarÚltima hora

CC OO concéntrase ante a Xunta en apoio dunha delegada sindical

Buscará implicar ao alcalde e aos grupos da oposición
Imaxe da protesta, esta mañá, diante do Servizo de Mediación da Xunta.
Imaxe da protesta, esta mañá, diante do Servizo de Mediación da Xunta, en Ourense.

Un grupo de membros de Comisións Obreiras (CC OO) concentrábase esta mañá do 6 de maio ante a delegación ourensá da Consellería de Traballo. Protestaban ante o Servizo de Mediación e Arbitraxe da Xunta para esixir a readmisión dunha traballadora do matadoiro municipal que foi despedida.

Neste contexto, o voceiro da Federación de Industria de CC OO en Ourense, Pablo Estévez, anunciou que se defenderán con máis manifestacións e buscarán apoios tamén no goberno local en axuda desta empregada que tamén era delegada da organización sindicalista.

Estévez detallou que este caso xa está en vía xudicial pero subliñou que hai máis situacións similares. Para iso, buscarán reunirse co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, así coma co resto dos grupos da oposición “para que tomen nota do asunto e ver o seu grado de implicación coa cidadanía e cos traballadores”.

 

Artigos relacionados

Back to top button