OurenseÚltima hora

O CCA Ourense centro abre a súa piscina de bólas con premios

Hai premios de até 100 euros. // Foto: Carlos Asensio.

Hoxe martes, 26 de decembro, tivo lugar a inauguración oficial da piscina de bólas dos agasallos do Centro Comercial Aberto Ourense Centro na Praza Maior da cidade. Un total de 5.000 bólas conforman esta pintoresca iniciativa na que os clientes das tendas do CCA Ourense Centro poidan somerxerse a atopar algunha das bólas premiadas. Entre os premios hai cheques regalos de até 100 euros, produtos delicatesen, circuítos termais e outros agasallos sorpresa.

A piscina estará aberta ao público de 10:30 a 14:00 horas e d 16:30 a 20:30 horas os días 26 e 27 de decembro.

Unha rapaza intentando atopar un premio na piscina. // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button