OurenseÚltima hora

O CCA Ourense Centro solta unha manda de zombies pola rúa do Paseo

Cara ás seis da tarde unha manda de zombies, ou mortos viventes, tomaba a rúa do Paseo de Ourense. Segundo explicaron dende o Centro Comercial Aberto Ourense Centro, “o único xeito de combatelos é comprar nos máis de 200 locais asociados”.

Estes mortos viventes atemorizaron a todos os compradores do comercio ourensán pero, non houbo que lamentar feridos graves, xa que dende o CCA tiñan un equipo de combatentes que axudaban a controlar a estes mortos viventes que intentaban comer os cerebros dos viandantes.

Sen dúbida, moitos dos que pasaban pola rúa do Paseo sentiron medo deste grupo de fedorentos zombies.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button