Deportes

CD Barco, bo xogo, pero frouxo en ataque

Comezaban a tempada en casa, perdendo ante o Ourense B
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Despois de lograr a primeira vitoria da tempada, ante o R. Bahía por 1 gol a 2 na quinta xornada de liga, o C.D. Barco de Javi Rey, chegaba ao partido ante o Villalonga en Calabagueiros, moi motivado e con ganas de seguir sumando puntos e buscar unha posición máis tranquila.

Puntuar puntuaban, pero non eran capaces de arrancar máis que un punto que se suma ao saldo colleitado ata o momento facendo un total de 6, noutros tantos partidos. Un frouxo comezo de liga para un equipo ben estruturado e traballador que xoga e crea ocasións pero que falla en ataque sen achegarse con firmeza á portería rival.

Comezaban a tempada en casa, perdendo ante o Ourense B (1-2) e unha semana máis tarde caían no campo do Atios (3-2). As dúas seguintes xornadas serían de empate, a dous goles en Mondariz e a uns en Calabagueiros. Na quinta xornada chegaba por fin a vitoria, rematando o mes de setembro cun novo empate que os mantén na zona baixa da clasificación.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button