DeportesGalerías de fotosÚltima hora

CD Barco-Céltiga CF, un partido con acento solidario en Calabagueiros

Os locais perdían 0-2 ante os arousanos nun encontro con poucas oportunidades

A ELA (esclerose lateral amiotrófica) é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular que afecta a un elevado número de persoas. Para prestar apoio e axuda a todos os afectados e aos seus familiares, así como para promocionar a investigación para atopar unha cura, nace a asociación Agaela, un colectivo a nivel galego co que tamén colabora o Centro de Deportes Barco.

De feito, esta asociación e todo o que representa foi a protagonista do partido correspondente á xornada 13ª de terceira división na que o C.D. Barco recibía ao Céltiga C.F. no campo de Calabagueiros. Antes de comezar o partido, os xogadores de ámbolos dous equipos fixeron un corredor a un membro da asociación afectado, Manuel Rodríguez (acompañado pola tesoureira Rosy Rodríguez) que fixo o saque de honra. A equipación do conxunto barquense leva o logotipo da asociación nunha das mangas da camiseta e ademais, o club comprométese a realizar proximamente, un partido solidario no que todos os fondos recadados irán destinados á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica.

Con respecto ao partido en si, foi igual de frío que a tarde, con escaso xogo e menos oportunidades. Pouco que destacar salvo a efectividade dos arousanos que se acercaron á portería de Imanol en tres ocasións e marcaron dous goles (un no minuto 34 e outro no 67). Os únicos do partido.

Ao final 0-2 e nova derrota para o equipo de Javi Rey (a terceira consecutiva) que deixa a zona alta da clasificación, baixando ata o 6º posto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button