DeportesÚltima hora

CD Barco e Alondras CF comparten un Pagos de Galir

As directivas de ámbolos dous clubs de terceira foron convidadas pola adega Virxe de Galir de Éntoma
As directivas do CD Barco e Alondras CF, na adega Virxe de Galir.
As directivas do CD Barco e Alondras CF, na adega Virxe de Galir.

Na tarde do 27 de setembro, a sexta xornada de liga en terceira división enfrontaba en Calabagueiros aos planteis do CD Barco e do Alondras C.F. Un partido que finalmente gañaban os de Cangas (Pontevedra) por 1 gol a 2.

Unhas horas antes, en torno ao mediodía, as directivas de ámbolos dous equipos eran convidadas pola adega Virxe de Galir a un acto de irmanamento.

Como patrocinador do equipo sénior do Centro de Deportes Barco, Pagos de Galir oganizou o encontro que consistiu nunha visita e posterior xantar nas instalacións da adega ubicada na Rúa das Escolas S/N, Éntoma (O Barco de Valdeorras), que trancorreu “nun ambiente distendido e cordial”, din dende a adega barquense.

Artigos relacionados

Back to top button