CD BarcoDeportesÚltima hora

CD Barco e Estradense enfrontaranse na primeira xornada da liga en 3º división

O conxunto barquense que dirixe Manolo Pérez comezará a domicilio a primeira fase desta peculiar tempada de fútbol que arrancará o 18 de outubro de 2020 e rematará o 21 de marzo de 2021

Xogadores do CD Barco na presentación do equipo para a tempada 2020/2021. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tal como estaba previsto, na tarde deste xoves 24 de setembro celebrábase na sede da RFGF o sorteo do calendario para a primeira fase da terceira división de fútbol (Grupo 1B). Un calendario que arrancará o 18 de outubro deste ano e rematará o 21 de marzo de 2021.

 

 

Neste grupo competirán doce equipos (4 da provincia de Ourense e 8 da de Pontevedra) entre os que está o CD Barco que comezará a liga xogando no campo do CD Estradense. Tamén xogarán a domicilio na primeira xornada da fase, o CD Arenteiro (contra Arosa SC) e a UD Ourense (contra Alondras CF). O único ourensán que o fará en casa será o Ourense CF que abrirá a liga regular no Couto contra o CD Ribadumia.

 

 

Na segunda xornada de liga prevista para o 25 de outubro, xogaranse os seguintes partidos: CD Barco-Alondras CF; UD Ourense-Arosa SC; e CD Arenteiro-Ourense CF (primeiro derbi provincial da tempada).

 

Artigos relacionados

Back to top button