DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco ponse a proba cos partidos de pretempada

Co 1-3 remataba o primeiro amigable contra a Ponferradina de 2ª B en Calabagueiros

Apenas dous meses despois do último partido de liga, o fútbol regresou a Calabagueiros. Un campo no que o equipo sénior do Centro de Deportes Barco afronta unha complicada tempada en terceira división (xunto a outros tres equipos ourensáns: Arenteiro, Barbadás e Ourense), para a cal compuxo un plantel con moitas caras novas no que aposta pola xuventude.

Trala presentación e a primeira sesión de adestramento realizadas a comezos de semana, coa que arrancaba a pretempada, na tarde do 22 de xullo celebrábase o primero amigable dun esixente calendario con equipos de gran nivel. O elixido era un ano máis a SD Ponferradina de segunda B, que se desprazaba ata Calabagueiros para medir forzas co conxunto barquense.

O resultado, non foi favorable para os rapaces de Javi Rey que perdían 1-3 pero tanto míster como xogadores teñen por diante un mes para poñerse a punto antes do comezo da liga o 20 de agosto.

O próximo rival para o vermellos será o vindeiro sábado 29 de xullo contra o recén ascendido Ourense CF, no que será o III Memorial Miguel Fariñas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button