DeportesGalerías de fotosÚltima hora

CD Trives-UD Ourense no campo do Agro

1-2 vencían os ourensáns grazas aos goles de Xurxo e Julio Salgado

Despois de catro partidos, a 5ª xornada de liga na segunda autonómica enfrontaba ao Club Deportivo Trives e a recén ascendida Unión Deportiva Ourense. E facíao no campo trivés do Agro, nun encontro dominado polos ourensáns que finalmente vencían por pouco.

Co 1-2 no marcador (goles de Xurxo e Julio Salgado para o Ourense e de Guille para o Trives) remataba o encontro. A primeira vitoria a domicilio da tempada para o conxunto de Antonio Dacosta e a terceira derrota para os triveses a cargo de Sergio de Prado.

Con este resultado os sénior da UD Ourense sitúanse no posto 11º da clasificación mentres que o CD Trives descende ata o 17º.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button