EconomíaEconomíaÚltima hora

A Cea do Cocido reúne a máis de 400 persoas en Piñeiro

A cita gastronómica estivo amenizada pola charanga Nova Terras de Trives e o grupo asturiano Tekila

Superando previsións, a Cea do Cocido de Piñeiro, cita gastronómica que abre as festas de San Sebastián neste pobo do concello de Trives, reunía na noite do 26 de xaneiro a 425 persoas na carpa instalada para a ocasión.

En torno ás nove da noite arrancaba a cea na que os asistentes, chegados de toda a bisbarra e tamén vilas como O Barco ou A Rúa, entre outros, deron boa conta dun suculento menú a base de carne de porco (androlla, chourizo, morro, orella, lacón,…), patacas e repolo, ademaia da tradicional bica, viño, café e licores.

O apartado musical correu por conta da charanga Nova Terras de Trives que tocou antes e durante a degustación, amenizando tamén o momento do sorteo de produtos da zona (viño, queixo,…) e dos 500 euros para o que os rapaces presentes na carpa, venderon como loucos unha manchea de rifas. O promotor da festa, Justo Rodríguez, aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración de toda a xente que botou unha man, xa que toda axuda é pouca.

E trala cea, chegaba o turno de recoller as mesas e facer sitio para o baile na verbena amenizada polo grupo asturiano Tekila que puxo ritmo á noite trivesa.

Hoxe, sabado 27 de xaneiro hai procesión e misa na honra a San Sebastián, e verbena a cargo da orquestra Olympus.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button