EconomíaEconomíaÚltima hora

Cea degustación con música en directo no Pazo Barbeirón de Trives o 28 de abril

Exterior do Pazo Barbeirón./ Foto cedida.

O Pazo Barbeirón Slow Hotel, un edificio do século XVIII rehabilitado e situado no municipio de Trives, ofrecerá o sábado 28 de abril a primeira cea degustación con música en directo dentro do seu programa “#Pazoterapia”. O menú constará de cinco pases que se fusionarán co concerto e para os que utilizarán produtos kilómetro cero. A tarifa deste menú é de 48€/persoa e as prazas son limitadas.

O apartado musical virá da man de “Hey, Cats”, un grupo cun repertorio que abarca temas de jazz, boleros, blues e cancións propias. Formábase na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Oporto polo desexo de tres mozas de diferentes partes do mundo de crear un proxecto que visibilice a muller na arte: unha galega, unha portuguesa e unha cubana.

Máis información:
http://pazobarbeiron.gal/pazo-barbeiron-hey-cats/

 

Imaxe promocional do grupo “Hey, Cats”.

Artigos relacionados

Back to top button