ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cea feminina de primavera organizada polo CIM de Trives

As preto de 30 participantes acudían cunha flor no cabelo ou cun tocado de flores

Unha trintena de mulleres compartían na noite do 13 de xuño a tradicional “Cea de Mulleres” organizada desde o CIM de Trives, con motivo do fin de actividades do primeiro semestre. Nesta ocasión celebrábase na Cantina do Catro da vila e a temática da foi era a primavera. De aí que todas as asistentes acudisen cunha flor ou tocado no seu cabelo.

Como novidade, este ano abriuse a cea, ampliándoa a todas as mulleres que quixeran asistir. “Tratábase de fomentar a alianza entre as Mulleres de Trives, propiciando a confianza e o apoio entre elas, conducindo a procura de relacións positivas unhas coas outras , contribuindo a eliminación social de todas as formas de opresión e, en fin, apoiarse mutuamente para lograr o empoderamento de cada unha delas”, explican dende o Concello de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button