ConcellosÚltima hora

Cea-magosto en Vilela, o 14 de novembro

A cita será a partires das 19:30 horas na Aira
As castañas recén asadas no magosto do ano pasado en Vilela. /Foto: Carlos G. Hervella.
As castañas recén asadas no magosto do ano pasado en Vilela. /Foto: Carlos G. Hervella.

Primeiro foi en Fontei e na Rúa Vella, despois na Estación e agora tócalle o turno a Vilela. O sábado 14 de novembro, a localidade ruesa celebrará o seu propio magosto, organizado pola Asociación de Veciños de Vilela.

Como cada ano, en torno ás 19:30h. comezará a cea na Aira, cun menú a base de empanada, bolo preñado, bica, viño, auga, licores e por suposto as castañas que este ano por primeira vez será asadas nun bombo feito para a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button