ConcellosÚltima hora

A cea popular abre o venres as festas de San Antonio na Rúa

A cita terá lugar a partires das dez da noite en Fontei con verbena a cargo do dúo Pantaneón
Asistente á anterior edición da cea popular de Fontei. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistente á anterior edición da cea popular de Fontei. /Foto: Carlos G. Hervella.

Do 10 ao 13 de xuño celébrnase en Fontei (A Rúa) as festas na honra ao San Antonio. Uns festexos que arrancan mañá, venres coa VIII cea popular. Coma sempre, baixo a carpa instalada no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima, celebrarase esta cita gastronómica que se vai consolidando con cada edición, variando o menú dende as primeiras coas sardiñas asadas como prato forte, ata a paella xigante coa que se animaban nas últimas edicións.

En torno ás 22h. abriranse as portas da carpa para acoller aos asistentes que, por 15 euros que custa a entrada, poderán degustar o menú a base de empanada, entrantes ibéricos e paella. De postre xelado e tarta caseira. Para vever viño, auga e incluso café. Coma sempre, uniformados con camisetas identificativas da festa, un grupo de veciños traballarán arreo para atender aos asistentes, axudar na cociña, preparar as mesas e coidar de que todo esté a punto e os comensais atendidos. O apartado musical correrá a cargo do duo Bandoneón que tocará en sesión verbena ata altas horas da madrugada.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button