ConcellosÚltima hora

Cea primaveral de mulleres en Trives, o 8 de xuño

O Centro de Información á Muller (CIM) da Pobra de Trives organizará o 8 de xuño unha “Cea Primaveral de Mulleres”. Esta cea de confraternización, cuxa entrada custará 20 euros, terá lugar no restaurante La Viuda da vila. No encontro a temática será a primavera e as mulleres deberán acudir “cunha flor, ben sexa no pelo, no vestido, pantalón, complementos ou onde prefiran”, segundo a organización.

Ademais esta xuntanza terá como complemento o xogo do amigo invisible, polo que “deberán levar un pequeno detalle de entre 1 e 2 €, de feito que se agasallarán entre si, sen saber quen o fixo”, din dende o CIM. Para anotarse poden recoller a súa entrada na Viuda ata o martes, 5 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button