EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Ceas de Comadres no Barco

As amas de casa O Teixadal e a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova celebran o Entroido

O 12 de febreiro, Xoves de Comadres, foi o día e sobre todo a noite, adicado ás mulleres e moitas saíron a celebralo con merendas e ceas en locais sociais e restaurantes. Dous exemplos témolos no Barco de Valdeorras. Como cada ano por estas datas, as amas de casa da asociación O Teixadal, celebraron a súa particular merenda na sede local no Chao. Alí en torno a unha trintena de mulleres (algunhas disfrazadas e outra non) disfrutaron dun menú entroideiro cos doces como prato forte.

Noutro punto do pobo, no Asador de Viloira, era a Asociación Cultural O Mosteiro quen convocaba á súa propia Cea de Comadres, na que se deron cita unha vintena de mulleres. Dende a directiva da asociación, ao fronte dende hai uns meses, aseguran que queren “rexurdir o Xoves de Comadres, non só coma unha noite de lecer, senón tamén lembrando o significado desta festa: cando as nosas devanceiras (foran celtas ou romanas) deixaban por unha noite de ser nodrizas e traballadoras ao mando dos seus homes para dar renda solta á súa personalidade, sen a presenza masculina”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button