O colexio CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro arranca o curso con diversas melloras que se realizaron ao longo do verán. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou hoxe, 4 de setembro, as instalacións deste centro para comprobar a evolución dos traballos. Para levar a cabo estas melloras, a Consellería de Educación investiu un total de 22.500 euros.
Estas actuacións consistiron na adaptación dun espazo como ximnasio, que xa se cubrira o pasado ano, e que consisten no illamento do espazo, a nivelación do chan cunha capa de formigó. Ademais realizarase a instalación eléctrica e colocaranse nove luminarias. Mouteira estivo acompañada pola xefa territorial de Cultura e Educación, Luz Fernández.
A máxima representante do Executivo autonómico na provincia explicou que estas actuacións execútanse ao abeiro do plan anual de obras de rehabilitación, ampliación e mellora (RAM) e dos recursos achegados polo Fondo do Superávit.
Así, Marisol Díaz lembrou que “a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria destina este ano máis de 880.000 euros na mellora de máis de 60 centros educativos de Primaria e Secundaria da provincia ourensá”.
A maioría das reformas, segundo informaron dende a Xunta, céntranse na reparación de cubertas e persianas, mellora de instalacións eléctricas e illamentos, substitución de caldeiras de calefacción e mellora de accesos peonís.