OurenseÚltima hora

Celanova e a CHMS concretan as obras do paseo de “A Corga de Sampil”

Rehabilitaranse tamén os espazos etnográficos que se atopan na zona

Na mañá de hoxe, 3 de xullo, tivo lugar unha reunión entre o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga e o alcalde de Celanova, Antonio Puga. O obxectivo deste encontro era o de concretar as actuacións no paseo de “A Corga do Sampil”.

 

Durante o encontro.

 

Así, concretaron a execución dun paseo de 800 metros que unirá o Areal, na contorna das piscinas municipais, e Mourillóns. “En concreto, trátase de habilitar unha ruta de paseo ao lado do rio Sampil como zona de expansión de Celanova, para realzar os valores medioambientais do lugar. Ademais, rehabilitaranse os espazos etnográficos que se atopan na zona do paseo”, o director da CHMS.

Ademais, a Confederación iniciará a redacción do proxecto técnico da ruta, “como paso previo á firma do correspondente convenio de colaboración entre a administración local e a CHMS”.

Artigos relacionados

Back to top button