ConcellosÚltima hora

Celanova organiza un calendario cheo de actividades de Nadal para escolares

Varias das actividades levaranse a cabo na Casa dos Poetas.

Celanova prepara para estas vacacións de Nadal unha intensa axenda de actividades infantís, en colaboración coa Fundación Curros Enríquez, para facilitar a conciliación. A Casa dos Poetas acolle dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro a ludoteca “Createca Nadal” de Avoa Youja, con obradoiros de danza, teatro, manualidades e xogos para rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. De martes a venres de 11:00 a 13:00 horas.

Pola súa banda, a Aula Cemit, no parque das Triguerizas, acolle a proposta “Enrédate no Nadal”. Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Os menores de 4 a 8 anos van aprender a facer unha postal de Nadal, un calendario para o 2018 e escribirán unha carta aos Reis Magos. Os horarios son de 16:00 a 18:00 horas. Para os maiores, entre 9 e 12 anos, teñen preparado obradoiros de mecanografía e deseño gráfico entre os días 22, 27, 28 e 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 11:00 horas e de 11:00 a 13:00 horas respectivamente. Para os mozos entre 12 e 16 anos está previsto que fagan un relatorio titulado “Sacando as redes da pantalla”, planeado para o 27 de decembro ás 11:30 horas nesta aula Cemit.

Finalmente, o martes 26 de decembro, está prevista unha excursión a Pazolandia, en Ourense, para os rapaces entre 5 e 12 anos. A actividade é de balde con prazas limitadas e precísase inscribirse previamente antes do venres, 22 de decembro. E, o 4 de xaneiro, celebrarase unha “Festa de Nadal Infantil” no Pavillón das Triquerizas.

Artigos relacionados

Back to top button