OurenseÚltima hora

Celebra 2015, o 7 e 8 de novembro en Expourense

Esta edición contará por primeira vez con tres pases do desfile nupcial coordinado pola Axencia Luena
Presentación da 16ª edición de Celebra.
Presentación da 16ª edición de Celebra.

A vindeira fin de semana 7 e 8 de novembro celebrarase en Expourense Celebra 2015, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, “un escaparate para demostrar qué posible organizar un evento 100% ourensán”. Así o aseguraron na presentación que tiña lugar na mañá do 4 de novembro na sede da CEO nun acto ao que asistiron o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e tres representantes das empresas que organizan as pasarelas do salón: Manuel Ángel Varela, director da Axencia Luena; Julio Gutiérrez, xerente de Paris Diffusion e Montserrat García, xerente de Isaura & Amanda.

A 16ª edición de Celebra contará con 64 expositores con produtos e servizos cos que dar resposta á planificación de todo tipo de actos sociai, dos cales preto do 80% son da provincia de Ourense aínda que tamén haberá espazo para empresas doutros puntos como Pontevedra e A Coruña, Madrid e Castela e León.

Unha quincena de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en organización e animación de eventos e servizos audiovisuais que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, repostería creativa, imprenta, florerías, xoiarías, fogar ou estilismo. Destaca a presenza de varias empresas especializadas na organización integral de eventos e animación, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas.

Tal como adiantan dende Expourense, a implicación dun bo número de empresas da cidade con Celebra leva a que, por primeira vez, haxa tres pases da pasarela, coordinada pola Axencia Luena, que terán lugar o sábado ás 19 horas e o domingo ás 17 e ás 19:30 horas e contará coa participación das seguintes empresas: Al detalle eventos (decoración); Alvarino (vestidos noivo e festa), Drácena (arranxos florais), Isaura & Amanda (moda nupcial, festa e infantil); Loyma (xoiaría); Noar Novias (traxes noiva e festa); Nico y Nicoletta (moda infantil); Paris Diffusion (perruquería e estética); Passion Novias (moda noiva e festa); Quique Martínes (estilismo); Rosa Clará (Moda noiva e infantil); Sommera (moda festa) e Totallity Group (montaxe son e iluminación).

Esta edición de Celebra abrirá as súas portas o sábado e o domingo en horario de 11 a 14:30 e de 16 a 21 horas.

Artigos relacionados

Back to top button