OurenseÚltima hora

Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, cumpre vinte anos

O evento celebrarase esta fin de semana (23 e 24 de novembro) en Expourense e reunirá a 40 expositores procedentes nun 85% da provincia de Ourense

 

Celebra cumpre 20 anos acompañando ás familias e empresas galegas, e sobre todo ás de Ourense, na organización dos seus eventos ofrecendo os productos e servizos nos que prima a calidade, o deseño e a orixinalidade. O Salón de Vodas, Bautizos e Comuñóns e Actos Sociais organizado por Expourense celébrase esta fin de semana, días 23 e 24 de novembro, no recinto feiral e reunirá a un total de 40 expositores procedentes nun 85% da provincia de Ourense.

Esta 20ª edición era presentada na mañá do 21 de novembro, nun acto no que participaron o presidente do comité executivo de Expourense, Jorge Pumar; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; o xerente de Paris Diffusion en representación das empresas participantes e empresario que participo unas 20 edicións deste evento, Julio Gutiérrez; e a directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez.

Alí, explicaron que Celebra 2019 primará a interacción entre os expositores e os visitantes a través da presenza do “oficiante” Dani Ríos, “O Casamenteiro”, que guiará ás parellas na súa busca de productos e servizos. Para esta edición cóntase ademais coa colaboración da empresa “Bodaspack”, unha plataforma web galega especializada na organización integral de vodas.

 

Desfile de traxes de noiva e noivo na anterior edición de Celebra.

 

Coma sempre, a cita presentará unha ampla oferta de produtos e servizos para que as familias que están organizando o seu eventos para o 2020 ou ata para o 2021, poidan atopar aos provedores necesarios para a súa voda, bautizo ou comuñón como o lugar onde celebrar o banquete; os traxes de noivo, noiva e festa; perruquería e estética; arranxos florais; fotografía; xoiería; viaxes; animación e discotecas móbiles; agasallos; actuacións musicais; “espellos máxicos” que son fotomatóns; cocteleiría; prensa especializada, etc.

Como é habitual, a oferta expositiva complementarase con varios pases de moda nupcial, festa e infantil. Estarán coordinados pola Axencia Luena e neles participarán Nicandra (noiva e festa), As Badaladas (noiva e festa), Angelo Milano (noivo), Loyma (xoiería) e París Diffusion (perruquería). Este ano súmanse a esta actividade Little Kings Ourense (moda infantil de festa), El Tocador de Anabel de Allariz (estética) e Duet Moda, empresa de moda nupcial e ceremonia de Sarria (Lugo). O desfile infantil será ás 17h. e o de noivos e festa ás 18:30h.

O horario de Celebra será sábado e domingo de 11 a 14:30 e de 16 a 20:30h. A entrada ten un custo de 2 euros (menores de 12 anos gratuítos) e realizaranse distintos sorteos entre as visitas.

Artigos relacionados

Back to top button