Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Celebración do 193 aniversario da Policía, en Ourense

O acto foi presidido polo Subdelegado do Goberno en Ourense, que estivo acompañado polo comisario provincial

O salón de actos da Comisaría Provincial de Ourense acollía o venres 13 de xaneiro o acto conmemorativo do 193º aniversario da creación da Policía. A esta celebración acudían numerosas autoridades civís e militares, entre as que estaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o comisario provincial de Ourense, Antonio Álvarez.

Roberto Castro, que presidía o acto, lembraba no seu discurso que pasaron xa “193 anos dende que o Rei Fernando VII firmara a Real Cédula pola que se creaba a Policía Xeral do Reino, e o espírito desta institución de investigadores segue vixente e acrecentado na actualidade. É a este grupo de mulleres e homes que forman o Corpo Nacional de Policía a quen expresamente e de corazón quero homenaxear hoxe no día do seu aniversario”.

Ademais o subdelegado do Goberno en Ourense poñía de relieve o seu importante labor. “Vostedes sempre deron mostras de prever e abanderar o sobrevido para constatar uns índices de eficacia no fenómeno delictivo cada vez maiores e cada vez máis incontestables”, dicía. E recordaba que, segundo as estatísticas, Ourense é “a provincia e a cidade (na demarcación de Policía Nacional) máis segura de España”.

Artigos relacionados

Back to top button