OurenseÚltima hora

Celebración do “Día da Subdelegación de Defensa en Ourense”

 

Na mañá deste 26 de maio a capital da provincia acollía a celebración do “Día da Subdelegación de Defensa en Ourense”, con un programa que incluía diversos actos como imposición de condecoracións, un recoñecemento á figura do reservista voluntarios, así como recoñecemetos e agradecementos a institucións, autoridades e persoal de ámbito interno e externo á mesma.

Entre as autoridades presentes neste acto estaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; así como do delegado de Defensa en Galicia,  coronel Antonio Bernal Martín; o concelleiro de Seguridade de Ourense, Telmo Ucha; do comisario provincial da Policía Nacional en Ourense, do comandante da Garda Civil en Ourense, do xefe en funcións da Policía Local e o xefe do Parque de Bombeiros de Ourense, entre outras autoridades civís e militares.

 

 

O acto comezaba a partir das 12h. coa lectura do decreto de creación da Subdelegación de Defensa en Ourense, seguida da imposición de condecoracións, do recordo aos falecidos das Forzas Armadas en operacións no estranxeiro pertencentes á provincia de Ourense: Isaac Piñeiro Varela, cabaleiro lexionario paracaidista; Jaime Pérez Fortes, garda civil; Leandro Rois Pérez, cabo primeiro da Armada; e Diego González, soldado da Brilat.

 

 

Logo dábase paso á entrega de premios do concurso escolar convocado polo Exército de Terra no 2022 no que resultaba galardoado o CEIP Manuel Sueiro de Ourense, ganador da fase rexional polo seu traballo, “De Base a Base, y leo porque me toca”, así como do 9º concurso literario escolar “Carta a un militar español” (co tema expediciones militares como fonte de coñecemento), cuxo ganador foi o Colexio Sagrado Corazón de Celanova. A continuación unha representante do centro daba lectura a mesma.

 

 

O acto finalizaba coa alocución do subdelegado de Defensa en Ourense, o Coronel do Corpo xeral do Exército de Terra, Gustavo Doncel Paredes, quen resaltaba que “o verdadeiro valor dunha sociedade como a ourensá e a súa riqueza pola calidade das persoas que a forman a todos grazas”. Tamén indicaba que o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado debe ser “eficaz, discreta e comprometida con aqueles aos que servimos”.

 

O subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel.

 

A Subdelegación de Defensa en Ourense

Foi creada como Delegación de Defensa en Ourense segundo o Real Decreto 2206/1993 de 17 de decembro, pasando a denominarse Subdelegación de Defensa en Ourense o 8 de setembro do 2002, consecuencia da reorganización da estrutura periférica do ministerio tras sucesivos decretos reais, con ámbito competencial en toda a provincia de Ourense e baixo dependencia funcional da Delegación de Defensa en Galicia, con sede na Coruña.

Dentro da sede principal da Subdelegación ourensá atópase o órgano de apoio que conta cos negociados de: Persoal/Acción Social, Reclutamento, Habilitación e Rexistro. Como mostra do traballo realizado no pasado ano, leváronse a cabo preto de 10.000 xestións derivadas da atención ao público.

No relativo á Área de Reclutamento, nos últimos anos presentáronse 2.652 solicitudes, das cales houbo 518 ingresos. Igualmente, na sede principal da Subdelegación están ubicadas as dependencias da Delegación Provincial do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS), que ten uns 3.751 afiliados, dos cales 1.085 están en servizo activo e a Irmandade de Veteráns.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas últimas que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button