OurenseÚltima hora

Celebración do Día da Subdelegación de Defensa, en Ourense

En Ourense celebrábanse o 22 de maio os actos do Día da Subdelegación de Defensa na sede que este organismo ten na cidade. Estes actos estiveron presididos polo delegado de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña e polo subdelegado en Ourense, Gustavo Doncel Paredes.

Ademais da entrega de condecoracións ao persoal militar da Subdelegación, procedeuse á entrega do premio do quinto concurso literario Carta a un militar español á alumna de 4º da ESO Gema Da Rocha Casas, do colexio PadreFeijóo-Zorelle da cidade, para rematar cunha homenaxe aos caídos ourensáns en misións no exterior.

Entre as autoridades asistentes estaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e a delegada provincial da Xunta, Marisol Díaz, así como o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde ourensán, Xesús Vázquez.

 

Artigos relacionados

Back to top button