En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Celebración do Día de Todos os Santos no Barco e en Veigamuíños

A partires das catro da tarde deste 1 de novembro numerosas persoas enchían o cemiterio municipal do Barco para asistir á celebración relixiosa do Día de Todos os Santos e lembrar aos seus familiares falecidos. Dende días antes os barquenses preparaban e engalaban con multitude de flores os sepulcros dos seus familiares.

Malia que o ameazaba con chover, finalmente apenas caían unhas pingas xusto ao final da misa. Na coordinación dos labores de acceso de persoas e de tráfico ao cemiterio participaban a Policía Local e o GES Valdeorras.

Tamén na localidade barquense de Veigamuíños os seus veciños se daban cita no cemiterio para asistir a misa de Todos os Santos.

Nesta galería de fotos poden verse imaxes do Barco e de Vegamuíños.

Artigos relacionados

Back to top button