En portadaÚltima hora

Celebración do Día de Todos Os Santos no Barco

 

Malia á ameaza de chuvia, numerosas persoas dirixíanse a partir das catro da tarde deste 1 de novembro cara o cemiterio municipal do Barco para asistir á celebración do Día de Todos os Santos e lembrar aos seus familiares falecidos. Algunhas facíano camiñando, pero a meirande parte delas en coche. Dende hai días os barquenses preparaban e engalaban con multitude de flores os sepulcros dos seus familiares para esta data.

A celebración relixiosa, oficiada polo párroco do Barco, Tomás Rodríguez, iniciábase ás catro e media e no seu decurso cantaba o Coro Parroquial de San Mauro. Ao seu termo, o sacerdote agradecía a actuación do coro, a colaboración do concelleiro do Barco responsable do cemiterio, así como de “todas as persoas” que participaron para facer posible este acto. Xustamente ao remate do mesmo comezaba a chover.

Para a regulación do tráfico tanto na chegada ao cemiterio como na saída, contábase coa Policía Local e co GES Valdeorras.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/en-veigamuinos-o-barco-a-misa-de-todos-os-santos-trasladabase-a-igrexa/

Artigos relacionados

Back to top button