ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Celebración do Día do Pilar na provincia de Ourense

Con diversos actos se conmemoraba o día da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, ao longo da provincia. En Ourense capital o programa institucional comezaba ás 11:30h. do 12 de outubro cunha misa na Catedral de Ourense, seguida dun acto institucional castrense que tiña lugar no Cuartel de Santa Mariña.

Neste acto interviña o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen lembraba a creación da Garda Civil en España en 1844, “a este corpo de natureza militar, encomendáselle a misión primordial de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos españois e garantir a seguridade ciudadá, baixo a dependencia do Goberno”.

Ademais, Roberto Castro agradecíalle a este corpo a “súa humanidade, que debe servirnos a todos para refrendar a débeda permanente que coa Gardia Civil ten toda a sociedade. Porque tras esa condición altruísta, sensible e humanista, agóchase un minucioso traballo diario de colaboración, amparo e dedicación ás personas”.

A Garda Civil celebraba asemade a súa patroa noutros puntos da provincia, entre eles estaban lugares como O Barco e A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button